Skip to content

Formación Bonificada

Formacións personalizadas adaptadas ás necesidades específicas, así como formacións abertas.

Formación para centros educativos

Formación a medida

Deseño e desenvolvemento de plans de formación, cursos, obradoiros, seminarios ou xornadas a medida, en función das necesidades concretas de cada centro.

CRECE HUB_

Xornadas formativas para equipos directivos. Un espazo exclusivo para líderes educativos que desexan reflexionar, compartir experiencias e conectar con outros directivos escolares. Estas xornadas abordan temas esenciais como xestión, marketing e liderado, convidándoos a reimaxinar o futuro do seu centro educativo.

Áreas de asesoramento en formación

Concreción curricular

Formacións vinculadas ó marco normativo curricular. Acompañamento no deseño e desenvolvemento dos diferentes niveis de concreción curricular e das programacións.

Metodoloxías específicas para infantil

Minimundos, pezas soltas, ambientes, espazos de aprendizaxe, instalacións de xogo, recunchos… metodoloxías propias da etapa que favorecen o desenvolvemento das capacidades do alumnado a través da manipulación e a experimentación.

Desenvolvemento de competencias emocionais: intrapersoais e interpersoais

Formacións orientadas tanto ao crecemento persoal do docente e do claustro como equipo, como ao desenvolvemento de proxectos de centro dirixidos ao alumnado que melloren o seu benestar emocional, afectivo e social.

Metodoloxías para favorecer aprendizaxes competenciais

Formacións para coñecer e aplicar estratexias metodolóxicas innovadoras que favorezan a aprendizaxe competencial do alumnado.

Metodoloxías específicas para educación básica (primaria e secundaria)

Caixas de aprendizaxe, clase inversa, traballo cooperativo e colaborativo, aprendizaxe baseada en proxectos, proxectos por inmersión temática, gamificación… todas elas orientadas a favorecer no alumnado a autonomía, a capacidade investigadora e de cooperación, así como o desenvolvemento de habilidades que o convertan en centro e xestor da súa aprendizaxe.

Avaliación

Formacións que fomentan o desenvolvemento e a implantación nos centros de sistemas, estratexias e ferramentas de avaliación competenciais, formativas e formadoras, que favorezan tanto a mellora da aprendizaxe como o desenvolvemento da conciencia sobre esta por parte do alumnado (metacognición), así como a mellora e axuste da proposta pedagóxica docente.

¿Queres que falemos?

Tes algunha dúbida? Ponte en contacto connosco e resolverémolo xuntos.