Skip to content

Màrqueting educativo

Orientación e apoio integral na concepción e posta en marcha de estratexias de marketing.

Áreas de asesoramento en
Marketing Educativo

Plan de marketing
e comunicación

Definición dun plan que axude ao centro a comunicarse de maneira efectiva e eficiente cos seus diferentes públicos. Definición tanto das estratexias como do plan de accións a desenvolver para acadar os obxectivos establecidos.

Actualización do
logotipo e da identidade dixital

Modernización da imaxe corporativa do centro. O obxectivo non é crear unha nova marca, senón unha evolución da existente que reflicta os valores e piares do centro, para que poida competir nun mercado en constante evolución.

Formación en
áreas de comunicación

Cursos, obradoiros ou xornadas á medida, en función das necesidades concretas de cada centro, tanto en comunicación persoal como en competencias dixitais.

Creación /
optimización da web

Creamos desde cero páxinas web e formámoste para que poidas facer o mantemento. Tamén analizamos páxinas xa existentes a nivel de deseño e contido para optimizar o seu rendemento.

Creación da estratexia
de redes sociais

Deseño e acompañamento na implantación da estratexia de redes sociais, formación de equipos neste ámbito e elaboración de campañas de captación.

Acompañamento
na implantación

Acompañamento e asesoramento en comunicación durante o proceso de implantación dos plans ou estratexias desenvolvidas.

Outras
áreas de actuación

Deseño de materiais gráficos e audiovisuais

Axudámosche con todos os materiais gráficos e audiovisuais que poidas precisar: deseño de carpetas, dípticos, lonas, reportaxes fotográficos, vídeos corporativos…

Elaboración e
creación de contidos

Colaboramos contigo tanto na conceptualización como na redacción dos contidos para os diferentes soportes.

Campañas
de captación

A captación de alumnado é un proceso que hai que coidar a todos os niveis, online e offline, e crear unha estratexia para optimiza-los recursos do centro.

¿Queres que falemos?

Tes algunha dúbida? Ponte en contacto connosco e resolverémolo xuntos.