Consultoria educativa
Achegamos solucións innovadoras adaptadas ás necesidades de cada organización.
Áreas de asesoramento
Planificación
estratéxica
Diagnóstico, plan de acción e acompañamento nas áreas de dirección estratéxica, pedagóxica, financeira, de xestión e de recursos humanos.
Indicadores para
a dirección
Consultoría para o desenvolvemento de ferramentas e indicadores para a validación e avaliación na execución de plans estratéxicos de centro; todo orientado ó seguimento, toma de decisións e axuste progresivo para a consecución dos obxectivos establecidos.
Control
de xestión
Diagnóstico, plan de acción e acompañamento para a optimización e mellora da organización e xestión do centro nas súas diferentes áreas, dotando aos equipos de titularidade, dirección e pedagóxico de criterios, estratexias e recursos para unha acción eficaz.
Xestión
de persoas
Consultoría e acompañamento na xestión de RRHH, avaliación do desempeño, desenvolvemento de competencias docentes, etc. Deseño e apoio en estratexias de xestión do talento: coaching persoal e de equipos directivos e pedagóxicos, competencias emocionais, soft skills, etc.
Modelos
de calidade
Acompañamento no deseño e implantación de procesos de xestión da calidade, así como no proceso de certificación e recoñecemento externo para a mellora da acción educativa.
Control económico
e financeiro
Asesoramento tanto no deseño como na implantación de sistemas que analicen e monitoricen a rendibilidade do centro educativo, e avalíen o impacto dos plans estratéxicos.
¿Queres que falemos?
Tes algunha dúbida? Ponte en contacto connosco e resolverémolo xuntos.